{"id":52,"date":"2015-12-12T20:42:42","date_gmt":"2015-12-12T19:42:42","guid":{"rendered":"https:\/\/pequenospoemas.wordpress.com\/?page_id=52"},"modified":"2015-12-12T20:42:42","modified_gmt":"2015-12-12T19:42:42","slug":"52-2","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/caxigueiro.com\/?page_id=52","title":{"rendered":""},"content":{"rendered":"<p><strong>A INTERPRETACI\u00d3N \u00c9TICA DO DRAMA. Alberto Gonz\u00e1lez-Alegre<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 costume que nas interpretaci\u00f3ns dos dramas colectivos ou que atixen \u00e1 colectividade que se fan desde as artes, tanto visivas como literarias e musicais, os autores establezan unha arquitectura \u00e9pica que serve como rede firme dos acontecementos referidos e como v\u00e9rtebra ou canle que outorga homoxeneidade \u00f3s procesos simb\u00f3licos. Pero as pezas e intalaci\u00f3ns de Caxigueiro \u2013xa veremos como son e non son unha mesma cousa- xorden dunha interpretaci\u00f3n \u00e9tica, est\u00e1n elaboradas desde unha posici\u00f3n po\u00e9tica que fai que os seus espazos zumeguen algo as\u00ed como o aire do inevit\u00e1bel. Todo \u00e9 m\u00e1is complexo, claro, e m\u00e1is aberto a sentimentos diversos como corresponde a obras de evidente compromiso contempor\u00e1neo, pero nas intervenci\u00f3ns de Caxigueiro \u2013nas que o chan, met\u00e1fora da terra, sempre xoga un papel fundamental- habitualmente sobrevoa unha po\u00e9tica da inevitabilidade, un fondo de tristura de indiscutible ra\u00edz po\u00e9tica. <\/p>\n<p>E non hai poes\u00eda sen home, sen home e sen individuo. Precisamente a dimensi\u00f3n antropol\u00f3xica comp\u00f3n unha constante no traballo de Daniel. Non resulta extra\u00f1a para o espectador das s\u00faas instalaci\u00f3ns a sensaci\u00f3n de estar fronte a un conxunto de pezas descubertas m\u00e1is que creadas, fronte \u00f3 resultado dunha paciente \u2013tam\u00e9n m\u00e1xica e cargada de abraios- investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica. Sabemos que algu\u00e9n foi quen situou as pezas nos seus lugares exactos; pero \u00e9 xustamente iso, o sentimiento de exactitude, o que nos desborda, porque se trata dunha exactitude moito anterior a n\u00f3s, unha disposi\u00f3n precisa outra volta cargada de inevitabilidade. A remisi\u00f3n \u00f3 tempo, conforma ent\u00f3n outra evidencia e outra constante.  <\/p>\n<p>Remisi\u00f3n \u00f3 pasado remoto, mesmo \u00f3 pasado inc\u00f3gnito (sempre o latexo do factor po\u00e9tico), pero pasado tam\u00e9n sempre compart\u00edbel e, polo tanto, referidos \u00e1 nosa actualidade. E as\u00ed ser\u00eda mesmo se oll\u00e1semos estas pezas f\u00f3ra dos museos ou das galer\u00edas, f\u00f3ra dos lugares que xa remiten a conceptos de contemporaneidade. Penso ineludibelmente en Roger Garaudy cando fala da arte como un proxecto que trascende e suplanta \u00e1 realidade existente mentres que \u00f3 mesmo tempo ofrece un co\u00f1ecemento fundamedental desa realidade: \u201cSer realista non significa imitar a imaxe do real&#8230;, sen\u00f3n participar no acto creador nun mundo en evoluci\u00f3n, descubrir o seu ritmo interno\u201d. A arte, un proceso inserido no contorno. <\/p>\n<p>Individuo e contorno. Non sen falta de raz\u00f3ns, alg\u00fans cr\u00edticos describen a existencia de dous tipos de manifestaci\u00f3ns art\u00edsticas, as que afectan \u00e1 conciencia individual e as que se refiren \u00e1 conciencia colectiva. Estas \u00faltimas, a\u00ednda partindo dunha premisa id\u00e9ntica \u00e1 das primeiras \u2013dar unha mensaxe e\/ou establecer un di\u00e1logo- requiren do noso intelecto unha disposici\u00f3n \u00e9tica, moral e, por conseguinte, social. Pero para chegar a esa disposici\u00f3n \u00e9tica non \u00e9 preciso en termos estritos aludir a Bosnia, a Chechenia ou \u00f3 tratado de Schengen, nin tampouco esquecer que, no caso de existir un ente chamado conciencia colectiva, \u00e9sta estar\u00eda formada pola diversidade individual. Por iso a dupla estrutura de exclu\u00edntes non serve para o caso das obras de Caxigueiro, nin entendidas desde o punto de vista metaf\u00f3rico nin olladas desde a estrita formalidade.  <\/p>\n<p>A s\u00faa obra est\u00e9ndese no f\u00edsico, unha mestura de terra, aire e luz, de xeito que ampl\u00eda a naturaza e o car\u00e1cter dos obxectos e do todo que conforman. Baixo a incerteza configurativa propia do traballo coas arxilas, procesos cuxo control nunca \u00e9 total, o dramatismo de Caxigueiro \u00e9 tam\u00e9n consecuencia dunha busca de conxuntos equilibrados constitu\u00eddos por pezas de contrinxida vida propia. As\u00ed resulta na serie \u201cGuerreiros\u201d, na que os individuos pesan directamente sobre o chan, e a\u00ednda m\u00e1is nas diversas estruturas de \u201cEuropa\u201d, terapia puntual\u201d, nas que os valores minimalistas das celas de ferros potencian o constrinximento e forzan a met\u00e1fora do drama.  <\/p>\n<p>Amante rigoroso da investigaci\u00f3n conceptual nos procesos previos as\u00ed como da exactitude formal nos acabados e nas montaxes, a pr\u00e1ctica totalidade das s\u00faas instalaci\u00f3ns te\u00f1en unha orixe argumental e unha resoluci\u00f3n po\u00e9tica: en \u201cSa\u00edr-Modificar\u201d (1992)2 fora o tema da mudanza da paisaxe galega coa inclusi\u00f3n de elementos externos (a palmeira que os indianos trouxeran reinterpretada en grandes grans de caf\u00e9 e fotograf\u00edas espalladas dos propios indianos); na instalaci\u00f3n sen t\u00edtulo que expuxera na galer\u00eda Bacelos (Vigo) 1994 fora un estudo sobre a descontextualizaci\u00f3n, mesturando imaxes fotogr\u00e1ficas e fragmentarias dun pobo asolagado dos Pirineos e un sumidoiro real de ferro, imaxe que o autor utilizara como suxeito simb\u00f3lico e que serve de continuum interpretativo dentro da instalaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Noutras montaxes o seu comportamento resulta m\u00e1is extremo. Dunha banda, como sucede en \u201cDi\u00e1logo fragmentado\u201d (1993)3, v\u00f3lvese herm\u00e9tico e insinuante recorrendo a atr\u00eds, fotograf\u00edas, espellos e fotocopias, \u201cnun marco onde manda a po\u00e9tica e a plasticidade\u201d; doutra banda, en \u201cO bosque das ausencias\u201d (Galer\u00eda Cl\u00e9rigos, Lugo, 1996), con referentes ic\u00f3nicos sumamente compart\u00edbeis e unha linguaxe sen arroutos, pretend\u00eda, dito coas s\u00faas propias palabras \u201cachegarme a un colectivo m\u00e1is amplo dun xeito m\u00e1is f\u00edsico, m\u00e1is cercano&#8230; A idea de provocar reflexi\u00f3ns sobre a violencia e sobre o familiar que, sen querer, nos resulta a guerra, foi o que motivou o nacemento, primeiro dun poema:<\/p>\n<p>Hai un bosque de imaxes<\/p>\n<p> onde medran os silencios<\/p>\n<p> Baixo as copas<\/p>\n<p>o murmurio das follas<\/p>\n<p>fala das ausencias.<\/p>\n<p>e logo da instalaci\u00f3n\u201d. Unha parte destas \u00faltimas imaxes e tensi\u00f3ns dram\u00e1ticas eran reinsistencias dalgunha das pezas que constitu\u00edan a s\u00faa xa lembrada serie \u201cEuropa, Terapia Puntual\u201d.  <\/p>\n<p>Instrospecci\u00f3n e silencio. Asombros de acot\u00edo que incrementan as ausencias. Hai un Caxigueiro anterior a este que entre 1980 e 1990 se move no territorio da cer\u00e1mica artes\u00e1; hai unha ruptura seca que dev\u00e9n do repensar o traballo \u2013vida e que para el sup\u00f3n un descubrimento e unha catarse radical. Foi a sorte que fixo que o d\u00eda anterior, o da necesaria ou sen cuesti\u00f3n posible orixe artes\u00e1, non delimitase o d\u00eda. Se aqueles d\u00edas anteriores fosen, efectivamente, d\u00edas logrados, chegar\u00edan \u00e9 obvio, os tremores da noite. Pero os d\u00edas logrados vir\u00edan xusto despois. Aquela t\u00edmida instalaci\u00f3n feita na galer\u00eda Sargadelos de Santiago en 1990, que este mesmo cat\u00e1logo reproduce, foi a s\u00faa ca\u00edda cami\u00f1o de \u00a8Damasco; al\u00ed sucedeu a descuberta do espazo, o convencemento da condici\u00f3n substancial e enerx\u00e9tica dos materiais, o reco\u00f1ecento da capacidade alusiva da arte que inmediatamente haber\u00eda de instrumentalizar. Que hoxe mesmo as propostas de Caxigueiro estean entre as m\u00e1is interesantes da escultura galega non fai sen\u00f3n confirmar que aquela breve experimentaci\u00f3n supuxera unha catarse ben alimentada e cunha absoluta carga de verdade.<\/p>\n<p>1. A incorporaci\u00f3n de recursos de estirpe minimalista, tanto na concepci\u00f3n \u00edntegra das montaxes canto nas particularidades dos elementos en si, reforzan sabiamente os contidos narrativos das s\u00faas obras, sexan instalaci\u00f3ns ou sexan \u201cpezas de taller\u201d, que \u00e9 o termo que Caxigueiro utiliza para diferencialas.<\/p>\n<p>2. \u201dSa\u00edr-Modificar\u201d foi exposta no ver\u00e1n de 1992 dentro daquel fermoso proxecto que fora urxencias e que aquel ano,terceiro e \u00faltimo da serie, se subtitulou Un espacio a revisar. Moa\u00f1a, Xullo-Agosto 1992.<\/p>\n<p>3. \u201cDi\u00e1logo fragmentado\u201d presentouse na grande exposici\u00f3n colectiva (oito mostras hist\u00f3ricas itinerando por Galicia) que foi Trazos e Cami\u00f1os, promovida coa ocas\u00f3n do acontemento xacobeo de 1993.<\/p>\n<p>4. Lembrando a Peter Handke e a Fernando Castro Fl\u00f3rez.<\/p>\n<p>Alberto Gonz\u00e1lez-Alegre. Cat\u00e1logo \u201cCaxigueiro\u201d, Ed. Galer\u00eda Bacelos. Vigo 1997 <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A INTERPRETACI\u00d3N \u00c9TICA DO DRAMA. Alberto Gonz\u00e1lez-Alegre \u00c9 costume que nas interpretaci\u00f3ns dos dramas colectivos ou que atixen \u00e1 colectividade que se fan desde as artes, tanto visivas como literarias e musicais, os autores establezan unha arquitectura \u00e9pica que serve como rede firme dos acontecementos referidos e como v\u00e9rtebra ou canle que outorga homoxeneidade \u00f3s [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":49,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-52","page","type-page","status-publish","hentry"],"jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/P73ilM-Q","_links":{"self":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/52","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=52"}],"version-history":[{"count":0,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/52\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/49"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=52"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}