{"id":57,"date":"2015-12-12T20:52:59","date_gmt":"2015-12-12T19:52:59","guid":{"rendered":"https:\/\/pequenospoemas.wordpress.com\/?page_id=57"},"modified":"2015-12-12T20:52:59","modified_gmt":"2015-12-12T19:52:59","slug":"57-2","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/caxigueiro.com\/?page_id=57","title":{"rendered":""},"content":{"rendered":"<p><strong>CAXIGUEIRO. Antonio Garrido Moreno<\/strong><\/p>\n<p>Trala s\u00faa formaci\u00f3n no mundo da cer\u00e1mica durante a d\u00e9cada dos oitenta Caxigueiro, en 1989, ampl\u00eda o seu horizonte pl\u00e1stico con propostas nas que incorpora novos materiais e t\u00e9cnicas. Ao mesmo tempo decide abordar proxectos m\u00e1is complexos nos que a instalaci\u00f3n, a intervenci\u00f3n de espazos espec\u00edficos e a obra ef\u00e9mera ter\u00e1n unha importante significaci\u00f3n na s\u00faa obra. <\/p>\n<p>Unha constante presente na s\u00faa produci\u00f3n \u00e9 a utilizaci\u00f3n da linguaxe pl\u00e1stica como un medio de comunicaci\u00f3n ao servizo da defensa das culturas minoritarias, das agresi\u00f3ns que a diario se realizan contra as liberdades, a protecci\u00f3n ao medio natural e a denuncia dos abusos de poder. <\/p>\n<p>O antibelicismo \u00e9 o \u201cleit motiv\u201d tem\u00e1tico dun discurso que \u00e9 o reflexo dun final de s\u00e9culo convulso no que o mundo se une e atomiza, indistintamente, dando lugar ao oportunismo de determinados poderes que con tal de manterse orixinan exterminios humanos e culturais. Caxigueiro como artista do seu tempo non permanece alleo a esta situaci\u00f3n inmersa na construci\u00f3n dunha sociedade multiling\u00fce, pluricultural e sincr\u00e9tica. <\/p>\n<p>Xa desde comezos da d\u00e9cada dos noventa o encontro fortu\u00edto cun material de refugallo \u2013os dentes gastados dunha escavadora\u2013 orixina unha forma modular que ter\u00e1 un gran futuro na s\u00faa produci\u00f3n, especificamente nas series \u201cGuerreiros\u201d e \u201cEuropa terapia puntual\u201d. Na primeira delas a dita forma, nunha reiterada e uniformada seriaci\u00f3n, aludir\u00e1 aos m\u00faltiples ex\u00e9rcitos opresores constitu\u00eddos por individuos an\u00f3nimos en diferentes zonas do planeta. <\/p>\n<p>\u201cGuerreiros\u201d sup\u00f3n desde o punto de vista formal a implicaci\u00f3n da cer\u00e1mica nunha linguaxe contempor\u00e1nea conceptual, produto da uni\u00f3n de aspectos contrapostos expresionistas e minimalistas. <\/p>\n<p>Con \u201cEuropa terapia puntual\u201d o desenvolvemento do discurso ga\u00f1a en matices xa que a forma primaria do \u201cguerreiro\u201d encontra a s\u00faa morada nunhas construci\u00f3ns modulares simples realizadas en chapa de ferro a modo de nichos ou expositores que amplifican o contido conceptual da opresi\u00f3n e a morte, unha formulaci\u00f3n que entronca co sentido expresivo do artista parisino Christian Boltanski. A restrici\u00f3n crom\u00e1tica dos materiais, a seriaci\u00f3n e o xogo establecido entre a luz, a materia e o baleiro, ademais de conferir misterio \u00e1s s\u00faas instalaci\u00f3ns d\u00f3taas dunha singular beleza agridoce de dualidade antag\u00f3nica que se materializa entre o t\u00e1ctil da forma e a forza da mensaxe conceptual. <\/p>\n<p>De maior calado ser\u00e1 a serie que iniciar\u00e1 en 1995 baixo o ep\u00edgrafe de \u201cO bosque das ausencias\u201d na que Caxigueiro expande a s\u00faa concepci\u00f3n escult\u00f3rica cara a un f\u00e9rtil di\u00e1logo coa arquitectura e o contorno paisax\u00edstico. Son esculturas pensadas para que o espazo circundante sexa tam\u00e9n parte intr\u00ednseca do conxunto da obra a trav\u00e9s dos recursos da repetici\u00f3n, a luz e das posibilidades de ser transitada. Neste proxecto a escultura, o espazo e o espectador conv\u00e9rtense nunha unidade indivisible que fan m\u00e1is intenso o discurso e m\u00e1is contundente a aparencia f\u00edsica do proxecto. <\/p>\n<p>Centenarias vigas de madeira que aluden \u00e1 tradici\u00f3n cultural soste\u00f1en cabezas cer\u00e1micas distorsionadas e deformadas polo terror dunha agresi\u00f3n, convert\u00e9ndose na referencia<br \/>\ndos contornos oprimidos. <\/p>\n<p>Noutras obras da mesma serie os opresores ofrecen a visi\u00f3n dos seus arrepiantes rostros iluminados por sinistras pantallas de luz que permiten amosar toda a crueldade que agachan. O forte compo\u00f1ente escenogr\u00e1fico desta serie permite ao escultor investigar con novos recursos como a luz como elemento propio da instalaci\u00f3n, os novos materiais e as posibilidades de intervenci\u00f3n do espazo circundante. <\/p>\n<p>\u201cXeograf\u00edas\u201d nace cunha dobre vocaci\u00f3n formal e conceptual. Dende o punto de vista pl\u00e1stico a fusi\u00f3n de linguaxes faise m\u00e1is presencial xa que Caxigueiro ampl\u00eda a s\u00faa proposta con novos materiais, pinturas e con pequenos textos. A pintura faise presente con leves grafismos que semellan perf\u00eds orogr\u00e1ficos ou gr\u00e1ficas vitais que miden o pulso da marcha da humanidade. A s\u00faa obra faise paisax\u00edstica. Unha vinculaci\u00f3n tan intensa coa terra que a maior parte das s\u00faas instalaci\u00f3ns se conciben utilizando o chan como soporte ou con planos a modo de m\u00e9nsulas suxeitas \u00e1 parede. Conceptualmente o proxecto universal\u00edzase ao non establecer unha denuncia de casos concretos, para o artista calquera punto xeogr\u00e1fico \u00e9 susceptible de ser ameazado polos intereses de calquera desalmado que xurda abandeirando calquera pretexto ideol\u00f3xico, \u00e9tnico ou relixioso. <\/p>\n<p>A instalaci\u00f3n m\u00e1is representativa da serie \u201cXeograf\u00edas\u201d consiste nun n\u00famero indeterminado de mont\u00edculos cer\u00e1micos de diferentes alturas, decapitados nos seus cumios por un limpo corte horizontal. A meseta superior serve de superficie para gravar os nomes de distintos lugares xeogr\u00e1ficos. Cada forma cont\u00e9n unha inscrici\u00f3n e disponse illada respecto ao resto creando unha paisaxe desposta sobre o chan. <\/p>\n<p>A evoluci\u00f3n de \u201cXeograf\u00edas\u201d material\u00edzase na serie \u201cA linguaxe da memoria\u201d, unha agrupaci\u00f3n de estruturas m\u00f3viles e fixas que incorren dunha maneira presencial no contorno. Para iso elixe unha forma que ten a s\u00faa orixe nos libros calcinados que xa foran exhibidos uns anos antes, aludindo \u00e1s bibliotecas destru\u00eddas pola barbarie da guerra dos Balc\u00e1ns e que agora se universalizan ao gravar neles os nomes de distintas cidades do planeta. <\/p>\n<p>Os ditos libros, todos distintos en formatos, texturas e matices crom\u00e1ticos, disporanse no chan coidadosamente ordenados en disposici\u00f3n reticular, ou ben amoreados en estruturas de ferro \u2013fixas ou m\u00f3biles\u2013 onde se intenta po\u00f1er de manifesto a destruci\u00f3n cultural e ao mesmo tempo o desexo dos pobos de tratar de recompo\u00f1ela. Caxigueiro con este discurso interv\u00e9n o espazo da igrexa do Mosteiro de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, cunha instalaci\u00f3n que consegu\u00eda unha total empat\u00eda entre os muros centenarios do templo g\u00f3tico, amplificando a s\u00faa intenci\u00f3n e desexo de comunicar. <\/p>\n<p>Dentro do seu discurso antibelicista, en 2000, tam\u00e9n realizar\u00e1 instalaci\u00f3ns cuxas referencias formais se inspiran nos obst\u00e1culos que durante a primeira e segunda guerra mundial se dispo\u00f1\u00edan sobre o territorio pr\u00f3ximo \u00e1s trincheiras. \u201cTrala luz\u201d utiliza unha base realizada en cer\u00e1mica que serve para soster d\u00faas t\u00e1boas cruzadas rematadas en punta que xeran un campo que dificulta o paso ao espectador. <\/p>\n<p>Tam\u00e9n novidosa \u00e9 a serie \u201cCamuflaxe\u201d, formulada con pezas de parede e chan, e de claro discurso proteccionista da natureza. Nestas obras prescinde da cer\u00e1mica como material e incl\u00fae obxectos vexetais transformados convenientemente, aludindo ao Povera. Fragmentos de \u00e1rbores \u00e1s que se lles extrae a cortiza son pintados con cores de camuflaxe militar. A natureza cam\u00faflase para protexerse das actitudes depredadoras do home cara ao contorno. <\/p>\n<p>Na exposici\u00f3n retrospectiva de escultura que realiza no Centro Torrente Ballester de Ferrol, en 2002, amosa un grupo de obras nas que formula unha reflexi\u00f3n sobre as falsas aparencias que facilitan o equ\u00edvoco nas nosas apreciaci\u00f3ns imped\u00edndonos tomar decisi\u00f3ns acertadas para superar as dificultades. A disposici\u00f3n de \u00fatiles destinados \u00e1 pr\u00e1ctica do deporte do atletismo \u2013valos para as carreiras de obst\u00e1culos\u2013, conv\u00e9rtense en trampa dolorosa que impide o desenvolvemento e a evoluci\u00f3n normal do \u201cxogo\u201d da vida. <\/p>\n<p>Neste mesmo ano presenta a instalaci\u00f3n \u201cXornadas gastron\u00f3micas\u201d, na galer\u00eda Pardo Baz\u00e1n da Coru\u00f1a. Tres grandes mesas similares \u00e1s que se utilizan nas \u201cfeiras\u201d galegas \u00e9nchense de tapas formadas con pratos de cer\u00e1mica industrial e libros, tam\u00e9n cer\u00e1micos, mutilados e chamuscados. Unha cultura escrita minoritaria que sucumbe perante as enchentas populares que se organizan en todo o territorio galego de forma xeralizada e institucionalizada. <\/p>\n<p>A adaptaci\u00f3n a un espazo espec\u00edfico \u00e9 unha das cualidades de Caxigueiro. Neste sentido \u00e9 interesante a instalaci\u00f3n que realiza, en 2004, para o Museo Provincial de Lugo na que se serve das ru\u00ednas dun cami\u00f1o romano existente no chan da sala de exposici\u00f3ns. A proxecci\u00f3n en v\u00eddeo do dito cami\u00f1o sobre o que se incl\u00fae a palabra \u201cPalestina\u201d a car\u00f3n dun coraz\u00f3n en proceso de descomposici\u00f3n, fai alusi\u00f3n ao longo cami\u00f1o de loita mantido en oriente medio. A proxecci\u00f3n enfr\u00f3ntase co cami\u00f1o real existente na sala na que unicamente queda depositada a palabra do pa\u00eds en litixio, potenciando o esquecemento de tantos anos de degradaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Actualmente desenvolve a serie \u201cO rapto da paisaxe\u201d, un alegato contra a feroz especulaci\u00f3n inmobiliaria que se est\u00e1 producindo na \u201cMari\u00f1a\u201d lucense que, ata hai poco, manti\u00f1a a s\u00faa estrutura rural tradicional harmonicamente coa paisaxe. Un andamio de m\u00e1is de dous metros de altura serve como contedor de varias casas de formig\u00f3n e cer\u00e1mica expandida (Arlita), que se dispo\u00f1en caoticamente ao seu redor, invadindo o espazo da sala de exposici\u00f3ns, aludindo \u00e1 ausencia de plans que regulen unha construci\u00f3n an\u00e1rquica que degrada o medio paisax\u00edstico. Igualmente lle interesa a denuncia dos desastres ecol\u00f3xicos no medio mari\u00f1o ocorridos nos \u00faltimos anos, aspecto que reflicte en obras de clara concepci\u00f3n mural nas que unha seriaci\u00f3n de placas cer\u00e1micas cos nomes de diferentes barcos sinistrados fan referencia aos nomes das embarcaci\u00f3ns desaparecidas e aos restos de produtos derivados do petr\u00f3leo que se adhiren ao ecosistema natural, degrad\u00e1ndoo.<\/p>\n<p>Antonio Garrido Moreno. Cat\u00e1logo &#8220;5 Visi\u00f3ns desde os &#8217;90&#8221;. Ed. Concello de Ferrol. 2008<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CAXIGUEIRO. Antonio Garrido Moreno Trala s\u00faa formaci\u00f3n no mundo da cer\u00e1mica durante a d\u00e9cada dos oitenta Caxigueiro, en 1989, ampl\u00eda o seu horizonte pl\u00e1stico con propostas nas que incorpora novos materiais e t\u00e9cnicas. Ao mesmo tempo decide abordar proxectos m\u00e1is complexos nos que a instalaci\u00f3n, a intervenci\u00f3n de espazos espec\u00edficos e a obra ef\u00e9mera ter\u00e1n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":49,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-57","page","type-page","status-publish","hentry"],"jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/P73ilM-V","_links":{"self":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/57","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=57"}],"version-history":[{"count":0,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/57\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/49"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=57"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}