{"id":63,"date":"2015-12-12T20:57:06","date_gmt":"2015-12-12T19:57:06","guid":{"rendered":"https:\/\/pequenospoemas.wordpress.com\/?page_id=63"},"modified":"2015-12-18T19:35:19","modified_gmt":"2015-12-18T19:35:19","slug":"63-2","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/caxigueiro.com\/?page_id=63","title":{"rendered":""},"content":{"rendered":"<p><strong>CAXIGUEIRO. Mercedes Rozas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: right;\"><em>\u201cTemo a un mundo sen valores, sen sensibilidade, sen reflexi\u00f3n. Un mundo en que todo \u00e9 posible. Porque ent\u00f3n o que se converte no m\u00e1is posible \u00e9 o mal\u201d <\/em><br \/>\nRyszard Kapuscinski<\/p>\n<p>Unha parte importante da existencia do XX descifrouse a trav\u00e9s da arte. Conciliar este coa vida foi un recurso vehicular que se foi axustando a contextos hist\u00f3ricos, mentres se aproximaba a realidades concretas. A creaci\u00f3n pl\u00e1stica actuou de confidente tanto do cercano como do distante, foi a voz en off de causas imposibles e tam\u00e9n a alteridade dunha sociedade que en determinadas \u00e9pocas \u2013adulterando unha reflexi\u00f3n de Jean Clair\u2013 poder\u00edase dicir que \u201cxa estaba morta antes de estar morta\u201d. A historia do s\u00e9culo pasado ofreceu aos creadores duros argumentos para involucrarse e fix\u00e9rono debuxando os horrores dun campo de concentraci\u00f3n, constru\u00edndo ensamblaxes en particulares Merzbau ou pintando en grises o drama dunha guerra. Son moitas as obras de arte que cicelan as p\u00e1xinas da nosa memoria.<\/p>\n<p>Pero a trama da violencia e a sen raz\u00f3n non se det\u00e9n, contin\u00faa activa e belixerante, rediviva en Bagdad, Kabul, Lhasa\u2026 non hai moito en Sarajevo, Kosovo, Nova York. Recelando do mesmo mundo que tem\u00eda Kapuscinski, Caxigueiro catalizou nas propostas dos \u00faltimos anos a impotencia e a rabia ante a barbarie e o desatino, vomitando sobre a arte a responsabilidade da denuncia. As s\u00faas pezas claman en silencio un berro contido. S\u00f3 a poes\u00eda \u00e9 muda compa\u00f1eira:<\/p>\n<p>\u201cBaixo as cinzas<br \/>\na\u00ednda medran os so\u00f1os.<br \/>\nA sombra da l\u00faa<br \/>\npecha os teus ollos<br \/>\ne en Sarajevo<br \/>\na memoria escribe nos silencios\u201d<\/p>\n<p>Os versos ent\u00e9ndense coas construci\u00f3ns pl\u00e1sticas porque o esp\u00edrito e a materia forman parte da mesma sensibilidade; uns e outras condensan o mesmo trasfondo humano, as mesmas inquietudes, nacen do mesmo desacougo. Aqueles Guerreiros de principios dos anos noventa iniciaron un cap\u00edtulo implicado, o do compromiso. Despois vir\u00eda a serie Europa: terapia puntual, funestos nichos que interpelan ao espectador nunha alegor\u00eda interpretada por iconograf\u00edas actuais; met\u00e1fora na que se presente a idea da morte; o esqueleto ou a caveira protagonistas da Danza macabra renacentista personificados agora pola declamaci\u00f3n do contempor\u00e1neo. Igualmente, A linguaxe da memoria, O bosque das ausencias e Xeograf\u00edas mante\u00f1en o f\u00edo tem\u00e1tico do social, suscitan reflexi\u00f3ns e aportan interrogantes. A vida e a morte entrecr\u00fazanse continuamente na s\u00faa obra, conviven loitando \u201cnun mundo onde todo \u00e9 posible\u201d e rematan dando rostro \u00e1s s\u00faas propostas. \u00bfPervive o triunfo ef\u00e9mero da vida ou quizais se imp\u00f3n o inquebrantable da morte? Para M\u00e9ndez Ferr\u00edn: \u201cO artista \u00e9 aquel \/ que se resiste \u00e1 morte\u201d; Caxigueiro chama unha e outra vez coa solidez das s\u00faas mensaxes \u00e1 resistencia.<\/p>\n<p>Se estas propostas inician un di\u00e1logo con situaci\u00f3ns lonxanas como a guerra dos Balc\u00e1ns ou a de Irak, o autor apr\u00f3piase de igual forma dunha problem\u00e1tica pr\u00f3xima e deixa que sobre a arxila asomen acontecementos que afectan ao medio ambiente como os embarrancamentos do Mar Exeo, o Cas\u00f3n, o Polycomander, o Prestige\u2026; de igual xeito comprom\u00e9tese con presupostos que denuncian abertamente e sen andr\u00f3menas os excesos da sociedade capitalista, unha sociedade que pon no seu punto de mira confront\u00e1ndoa coa do terceiro mundo. A relaci\u00f3n entre arte e natureza e arte e conflitos b\u00e9licos son unha realidade no exercicio est\u00e9tico de hoxe en d\u00eda, que advirte da necesidade de estar atentos a esa testemu\u00f1a que fai visibles os desastres ocasionados polo home e que, en non poucas ocasi\u00f3ns, se minimizan en pura ret\u00f3rica no d\u00eda a d\u00eda dos medios de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Neste \u00e1mbito a pl\u00e1stica tam\u00e9n se det\u00e9n no territorio veci\u00f1o, no que habitamos, o mesmo onde a especulaci\u00f3n inmobiliaria moldea a nosa paisaxe cun sistema exasperado de usurpaci\u00f3n. \u00c9 un motivo que foi proxectado en O rapto da paisaxe, unha instalaci\u00f3n na que se consegue dar a idea de agobio construtivo. Cada un dos bloques, localizados sobre un aparatoso andamio, mant\u00e9n a s\u00faa personalidade grazas \u00e1 arlita, material cer\u00e1mico que d\u00e1 rugosidade \u00e1 superficie, matizando texturas e ratificando a idea de anarqu\u00eda absoluta no urbanismo actual.<\/p>\n<p>Os despotismos, os abusos, as inxustizas, os atentados contra todo tipo de liberdade do home son delatados sen ning\u00fan pretexto panfletario. A obra fala a trav\u00e9s de elementos visuais que suxiren pero non describen, que escorregan percepci\u00f3ns pero non revelan abertamente pensamentos. Son xu\u00edzos que se int\u00faen na estrutura das pezas e que, nalg\u00fan caso, se ven respaldadas pola linguaxe escrita. Palabras, versos, poes\u00eda\u2026 son c\u00f3mplices dunha actuaci\u00f3n que impacta polo humanismo entendido na s\u00faa acepci\u00f3n filos\u00f3fica\u2013 que irradian. A verdade \u00e9 unicamente insinuada, para que o espectador a complete identific\u00e1ndoa a trav\u00e9s dunha experiencia est\u00e9tica. \u00c9 a mirada de quen contempla a que remata por consumar a fisionom\u00eda da realidade, un proceso de intelixencia que ante as gastadas botas de Van Gogh suscitou en Heidegger todo un mundo de sensaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>As pezas que se expo\u00f1en son froito do traballo destes \u00faltimos anos, do per\u00edodo comprendido entre 1990 e 2007, algunhas foron amosadas noutros espazos e, sen embargo, no \u00e1mbito acoutado no que agora se poden apreciar, nacen novamente, reafirmando a s\u00faa individualidade e a s\u00faa posici\u00f3n contra calquera asomo de homoxeneizaci\u00f3n. Foi na modernidade cando a escultura deixou de ostentar os valores que se supo\u00f1\u00edan inamobibles desde Fidias a Rodin, rompendo as\u00ed con alicerces hist\u00f3ricos de s\u00e9culos de vixencia. Desde ent\u00f3n, tan importante como a produci\u00f3n do artista \u00e9 o espazo que a habita e a envolve. Xa non \u00e9 abondo ver o lugar como simple contador de creaci\u00f3ns, agora contador e contido mimet\u00edzanse na mesma acci\u00f3n, e cada novo espazo representa sempre un novo encontro.<\/p>\n<p>Por outra banda, ser\u00eda dif\u00edcil circunscribir este discurso a un enunciado determinado porque a trayectoria de Caxigueiro marcou a personalidade de cada obra. A cer\u00e1mica, xa nos primeiros pasos dos setenta, deixou de responder a coordenadas ligadas \u00e1 artesan\u00eda; moi pronto a capacidade creativa foi despraz\u00e1ndose cara a campos nos que conflu\u00eda a escultura, nunha extensi\u00f3n axiom\u00e1ticamente contempor\u00e1nea, coa instalaci\u00f3n. Estas intervenci\u00f3ns te\u00f1en na actualidade un car\u00e1cter teatral, un procedemento que reformula, tal e como apunta Rosalind Krauss, a idea \u201cda empresa escult\u00f3rica\u201d, xa que \u201ca escultura se nutre da sensaci\u00f3n de que o que a escultura era, non abonda, porque se funda nun mito idealista\u201d. Sen d\u00fabida, os l\u00edmites expand\u00edronse aportando un novo alcance interdisciplinar a esta pr\u00e1ctica art\u00edstica.<\/p>\n<p>Parece posible neste punto entrever a distancia deste creador e dalg\u00fans dos seus compa\u00f1eiros de xeraci\u00f3n cos de Atl\u00e1ntica. Creo que \u00e9 esa idea aberta \u00e1 complicidade con outras disciplinas pl\u00e1sticas e demais ramas culturais a que os separa do grupo de Baiona, grupo que asumiu nos anos ostenta a rexeneraci\u00f3n da arte en Galicia desde un fundamento hist\u00f3rico, o das chamadas vangardas galegas. Para aportaci\u00f3ns como as de Caxigueiro a orixe de partida \u00e9 a propia posmodernidade e a s\u00faa proximidade a outros rexistros v\u00e9n dada pola relaci\u00f3n coa literatura ou a m\u00fasica, chegando a implicar mesmo no debate pl\u00e1stico o contido cr\u00edtico social. Esa trama interdisciplinar enriquece a composici\u00f3n e xera unha serie de viabilidades que pouco ou nada te\u00f1en que ver con graf\u00edas pasadas.<\/p>\n<p>As instalaci\u00f3ns neste novo espazo, illadas de calquera contaminaci\u00f3n allea, musicalizan o silencio que se xera ao seu redor. Ese elemento integrador imp\u00f3n sixilo e austeridade, mentres se infiltra como unha substancia est\u00e9tica m\u00e1is na obra. O silencio cami\u00f1a impl\u00edcito no verso, adh\u00edrese \u00e1 pel dos materiais e atopa a morada perfecta para sobrevivir nestas creaci\u00f3ns, escapando do ru\u00eddo da globalizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Un silencio que tampouco non se rompe nas fotograf\u00edas de bodeg\u00f3ns que baixo unha aparencia amable, unha coidada composici\u00f3n, unha tonalidade suxestiva e a limpeza impoluta da imaxe, fustigan sen piedade, fiscalizando as inxustizas da nosa \u00e9poca.<\/p>\n<p>Nesta estratexia preocupada por formular preguntas a trav\u00e9s da creaci\u00f3n, volve ser a poes\u00eda, na voz de Caxigueiro, a que esgrima o \u00faltimo berro de queixa:<\/p>\n<p>Nin a dor da alma<br \/>\nnin a indignaci\u00f3n<br \/>\nnin a poes\u00eda<br \/>\nvan impedir a tolemia<br \/>\na limpeza consentida<br \/>\nnin que todos sexamos c\u00f3mplices<br \/>\nda historia que se est\u00e1 a escribir<br \/>\ncoa morte dos nosos coraz\u00f3ns.<\/p>\n<p>Mercedes Rozas. Cat\u00e1logo &#8220;5 Visi\u00f3ns desde os &#8217;90&#8221;. Ed. Concello de Ferrol. 2008<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CAXIGUEIRO. Mercedes Rozas \u201cTemo a un mundo sen valores, sen sensibilidade, sen reflexi\u00f3n. Un mundo en que todo \u00e9 posible. Porque ent\u00f3n o que se converte no m\u00e1is posible \u00e9 o mal\u201d Ryszard Kapuscinski Unha parte importante da existencia do XX descifrouse a trav\u00e9s da arte. Conciliar este coa vida foi un recurso vehicular que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":49,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-63","page","type-page","status-publish","hentry"],"jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/P73ilM-11","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/63","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=63"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/63\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79,"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/63\/revisions\/79"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/49"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/caxigueiro.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=63"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}